luns, 3 de abril de 2017

7 ANÉCDOTAS DE ESCRITORES


1. Nikolái Gógol tiña auténtico pánico á remota posibilidade de ser enterrado vivo por accidente. Tanto é así que se negaba a deitarse por se o daban por morto e rogou aos seus achegados que esperasen a que o seu corpo presentase evidentes síntomas de descomposición para cerciorarse de que non espertaría baixo terra, vontade que foi respectada.



2. Philip Roth frecuentaba unha tenda de alimentos na que traballaba Julian Tepper, que acababa de publicar a súa primeira novela, Balls. Tepper, admirador do primeiro, regaloulle o seu libro e pediulle consello. Roth foi tan sincero como contundente:

?Eu deixaríao agora que podes. De verdade. É un campo horrible. Tortura. Escribes e escribes, e entón tes que tirar a maior parte porque non está á altura. Eu diríache que o deixases agora. Non queres facerche isto a ti mesmo.



3. Knut Hamsun, gañador do Nobel de Literatura en 1920, viaxou a París por primeira vez en 1894. A súa familia estaba preocupada porque o escritor noruegués non dominaba o francés, algo que rapidamente sacaron a colación á súa chegada:

?Tiveches algún problema co teu francés?

?Eu non, pero os franceses si? ?contestou Hamsun.



4. Truman Capote planificaba a súa obra literaria con incrible antelación. O tamén escritor Paul Bowles contou no seu día isto sobre el:

Un día Truman trazounos o seu programa literario para o seguintes vinte anos. Era tan detallado que por suposto o tomei como unha fantasía. Parecía imposible que alguén soubese con tanta anticipación o que ía escribir. Pois ben, todas as obras que describira en 1949 foron aparecendo, unha tras outra, nos anos posteriores. Estaban todas na súa cabeza esperando a ser incubadas.



5. Georges Simenon, creador do soado comisario Maigret, comezaba as súas novelas lendo unha guía telefónica. Pronunciaba nomes e apelidos no alto ata que atopaba os que mellor soaban á hora de dar forma aos seus personaxes.



6. Tennessee Williams morreu de maneira moi peculiar. Decidiu suicidarse aos 71 anos tras a morte da súa parella, Frank Merlo. Para elló inxeriu unha gran cantidade de alcol que iría seguida da toma de barbitúricos para culminar o fatal desenlace. Á mañá seguinte foi achado morto, asfixiado polo pequeno tapón do bote de pastillas, que se quedou atascado na súa traquea ao abrilo coa boca.



7. Umberto Eco, contrario a outros escritores máis radicais, combina a escritura a man co computador:

Uso os dous instrumentos, pero non indistintamente senón con arranxo a un estado de ánimo ou unha situación. Algúns asuntos requiren a lentitude da escritura a man, xustamente porque o papel resístese á velocidade do pensamento. Outros, sobre todo os que se reflexionaron moito, préstanse mellor a ser tecleados, porque fai falta, literalmente, arroxalos de si.

ALFREDO ROMERO ROMERO

Ningún comentario:

Publicar un comentario