venres, 21 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO

A celebración do día do libro é o día 23 de abril.
Esta remóntase a principios do século XX. A historia do libro faise festiva e surxen actividades literarias en toda España.
A orixe do día do libro comeza en 1926. O día 23 de abril fallecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso da Vega. Por este motivo, esta fecha tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para rendir homenaxe mundial o libro e alentar a todos, sobre todo os máis xóvenes, a descubrir o placer da lectura e respetar a irreemplazable contribución dos creadores o progreso social e cultural.
En España, os Premios Cervantes son concedidos cada ano polo Rei en Alcalá de Henares ese día.
No Reino Unido e Irlanda o Día do Libro vénse celebrando desde o 2002 o primeiro xoves de marzo. Ese día as escolas reparten un vale de 1 libra e 1,5 euros, respectivamente, ós nenos para que poidan mercar os libros que se publican especialmente para esa ocasión ou para mercar calquera outro libro. Ese día moitas escolas celebran maratóns de lectura, mostras e mercados de libros.
A idea orixinal da celebración do Día do Libro partiu de Cataluña, do escritor valenciano  Vicente Clavel Andrés propondoa a Cámara Oficial do Libro de Barcelona en 1923 e aprobada polo rei Alfonso XIII de España en 1926. O 7 De outubro de 1926 foi o primeiro Dia do Libro.
En 1930 instaurase definitivamente a fecha do 23 de abril como Día do Libro, onde este día coincide con Sant Jordi.
É tradicional regalar unha rosa o concluír unha lectura, evento ou pregón e que os namorados ou persoas queridas se intercambien unha rosa ou libro.
En 1995 o Día do Libro convírtese nunha festa mundial, polo cal O 23 de abril de cada ano é o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. 

El día del libro.

Yadhira García López 

Ningún comentario:

Publicar un comentario