O Día do Libro é un acontecemento
anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez en 1995
coa idea de fomentar a lectura.
As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi , cando era costume que os homes
agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.
O 6 de
febreiro de 1926, o goberno español, presidido por Miguel Primo de Rivera, aceptou a data e o rei Alfonso XIII asinou o
decreto real que instituíu a Festa do Libro en España. No 1930, a data conmemorativa foi trasladada para o 23 de abril, día do
falecemento de Cervantes, que coincidía coa
tradición festiva catalá.
A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos
Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes se
correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare.
O día 23 de abril coincide así mesmo cos
aniversarios do nacemento de Vladimir Nabokov, Maurice Druon, Manuel Mejía Vallejo e Halldór Laxness, e co aniversario do falecemento de Josep Pla.
En España, os Premios Cervantes son concedidos cada ano polo Rei en Alcalá de Henares ese día.
IRIA GÓMEZ MARTÍN
!PRECIOSO¡
ResponderEliminar