luns, 3 de abril de 2017

TEMA LIBRE: LÁZARO

Febreiro, decembro... pero o Lázaro canónico, o que move máis actividade festiva en Galicia é o que precede ao domingo de Ramos e que unhas veces cae en marzo e outras, como é este caso, cae en abril. Dio o refrán: "Primeiro, Lázaro, despois Ramos e en Pascua estamos".
Verín apostou por converter as súas festas patronais nun compendio de cultura, gastronomía e revalorización do papel do rural no contexto económico. E non é para menos.
É a sede dunha denominación de orixe vinícola, a de Monterrei, que leva anos en continua expansión, tanto no que se refire ás hectáreas cultivadas e número de adegas como ao mercado cada vez máis amplo ao que alcanzan os seus viños. Encabeza unha comarca na que a agricultura e a gandería de montaña cobran cada vez máis relevancia. A Feira Agro Verin, que trasladou a súa sede ao pavillón de deportes, converterase na plataforma para a innovación no sector primario. Drons que vixían pragas, xeorreferenciación en viticultura, apicultura, a aposta pola crianza en réxime de pastoreo de cordeiros e cabritos de razas autóctonas...
Ademais desta parte máis orientada a incentivar un sector primario máis vangardista, San Lázaro non esquece a súa vertente gastronómica, cunha oferta común en todos os restaurantes adheridos ao programa organizado polo Concello, no que se ofrece un menú a base de bacallau e cabrito, unha das delicias gastronómicas deste val rodeado de montañas que aínda siguie sendo un baluarte das razas autóctonas tanto de gando vacún, desde as Frieiras á Cachena, como de ovellas e cabras de raza galega.
Feira do libro, talleres, probas deportivas... ata un total de cincuenta actividades condensan o programa das festas que se desenvolven neste primeiro fin de semana de abril en Verín.

As antigüidades

Sarria e Verín comparten moitos trazos en común: unha longa historia balizada dun patrimonio arquitectónico amplo, augas minerais (Sousas, Fontenova e Cabreiroá en Verín e Fontecelta en Sarria); estan en dous camiños a Compostela, e a distancia da capital de provincia conferiulles un papel protagonista na súa contorna comarcal.
 Este ano Verín uniuse a innovación, creando así a Feira do Libro.

Nadia Gago Pérez 4ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario