A mitoloxía romana está formada polas lendas e os mitos da relixión politeísta practicada na Roma antiga. A maioría das divindades do panteón romano proveñen de Grecia con deuses que suplantaron as divindades locais con algunhas raras excepcións. Por esta razón algúns artigos dedicados ós deuses romanos de orixe grega poden ser tratados coma exactos ós seus equivalentes gregos.
Deuses: Abeona, Febo , Baco, Cebero , Ceres ,Cupido,Diana,Fauno,Febe, Felicitas, Marte,Mercurio, Minerva,Neptuno,Plutón,Quirino,Saturno, Sol,Venus,Vesta,Vulcano,Xano,Xuno, Xúpiter.
Os principales deuses :
Baco: Deus do viño e do extasis
Diana: Deusa da caza
Juno: Deusa da maternidad
Vulcano : Deus do lume
Venus : Deusa da fertilidad, do amor e da beleza
Marte: Deus da gerra
Minerva: Deusa do conocemento
Mercurio: Deus mensaxeiro
Neptuno :Deus dos mares
Plutón : Deus do inframundo
Júpiter: Principal deus
Plutón:
Mito:
Plutón era fillo de Saturno e Ops, e esposo de Proserpina, a quen raptou para casar con ela. A nai de Proserpina, Ceres, se afligiu tanto que provocou o inverno.
O seu palacio sitúase en metade do Tártaro, onde como soberano vela pola administración do seu estado e dita as súas inflexibles leis. Os seus súbditos, sombras lixeiras e miserables, son tan numerosos como as ondas do mar e as estrelas do firmamento: todo o que a morte cultiva sobre a Terra volve caer baixo o cetro deste deus, aumentando a súa riqueza ou converténdose na súa presa. Desde o día en que inaugurou o seu reino, nin un dos seus ministros infrinxiu as súas ordes, nin un dos seus súbditos tentou unha rebelión. Dos tres deuses soberanos que controlan o mundo, el é o único que nunca ha de temer a insubordinación ou a desobediencia e cuxa autoridade se recoñece universalmente.
Culto:
Os romanos puxeron a Plutón non só entre os doce grandes deuses senón tamén entre os oito deuses elixidos, que eran os únicos que estaba permitido representar en ouro, en prata e en marfil.
En Roma había uns sacerdotes victimarios consagrados unicamente a Plutón. Só se lle sacrificaban, como ao Hades grego, vítimas de cor escura e sempre en número par, mentres a outros deuses sacrificábanselles en número impar. Os sacrificios reducíanse completamente a cinzas e o sacerdote non reservaba nada, nin para o pobo nin para el. Antes das inmolaciones, cavábase un foxo para recoller o sangue e vertíase o viño . Durante os sacrificios, os sacerdotes mantiñan a cabeza descuberta e recomendábase silencio absoluto aos axudantes, máis por respecto que por temor ao deus.
De: Laura González Belerda
Ningún comentario:
Publicar un comentario