luns, 3 de abril de 2017

anécdotas curiosas de escritores.

1. Philip Roth 

Eu deixaríao agora que podes. De verdade. É un campo horrible. Tortura. Escribes e escribes, e entón tes que tirar a maior parte porque non está á altura. Eu diríache que o deixases agora. Non queres facerche isto a ti mesmo.

2. Knut Hamsun

¿Tiveches algún problema co teu francés?


Eu non, pero os franceses si...contestou Hamsun.

3. John Wilmot


Antes de casarme tiña seis teorías sobre como educar aos nenos. 
Agora teño seis fillos e ningunha teoría.

 4.Tennessee Williams

 Morreu de maneira moi peculiar. Decidiu suicidarse aos 71 anos tras a morte da súa parella, Frank Merlo. Para elló inxeriu unha gran cantidade de alcol que iría seguida da toma de barbitúricos para culminar o fatal desenlace. Á mañá seguinte foi achado morto, asfixiado polo pequeno tapón do bote de pastillas, que se quedou atascado na súa traquea ao abrilo coa boca.

5. Georges Simenon

 Creador do soado comisario Maigret, comezaba as súas novelas lendo unha guía telefónica. Pronunciaba nomes e apelidos no alto ata que atopaba os que mellor soaban á hora de dar forma aos seus personaxes.


6.un xornalista preguntoulle a Camilo José Cela:

-Sorprendeulle gañar o premio Nobel de Literatura?

-Moitísimo, sobre todo porque me esperaba o de Física.


Ana Sofia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario