venres, 21 de abril de 2017

ANÉCDOTAS CURIOSAS DE ESCRITORES

James Joyce escribía cartas moi explícitas e subidas de tono a súa amante e futura muller, Nora. O que non é tan coñecido e a súa inquietante obsesión cas flatulencias.
Gabriel García Márquez recibiu un forte puñetazo de Mario Vargas Llosa o 12 de Febreiro de 1976.
Aldous Huxley tiña unha vista deficiente, e aunque non fora cego, aprendeu braille para poder dar descanso os seus resentidos ollos sen ter que renunciar a lectura.
Truman Capote planificaba a súa obra literaria con increíble  antelación.
Federico García Lorca escoitaba a Rubén Darío, que nun momento dado recitou o seguinte verso: …que púberes canéforas te ofenden al acanto. O poeta granadino levantouse entón e dixo: Outra vez, outra vez que solo entendín o que.
Haruki Murakami levantase as 4 da mañá e traballa seis horas. Despois de comer corre 10 km. o ben nada 1.500 metros, lee, escoita música e vaise a cama as 21.00. Trata de seguir esta rutina cada día sen ningunha variación de forma que, según explica, termina sumindose nunha especie de hipnosis que lle permite alcanzar un profundo estado mental.

Victor Hugo encontrabase visitando a Suiza xermanófona cando entrou nun restaurante. Dado que non sabía alemá, optou por pedir o plato máis caro para asegurarse de que sería bo, así que se decantouse por un “Kalaische nach Rheinfall”. O camareiro quedou sorprendido ao comprobar que o escritor francés non quería comer, senón que prefería dar un paseo en calesa ata as cataratas do Rin, tamén ofertado na carta.

NURIA SALGADO MÉNDEZ 4ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario