2. Philip Roth frecuentaba unha tenda de alimentos na que traballaba Julian Tepper, que acababa de publicar a súa primeira novela, Balls. Tepper, admirador do primeiro, regaloulle o seu libro e pediulle consello. Roth foi tan sincero como contundente:
Eu deixaríao agora que podes. De verdade. É un campo horrible. Tortura. Escribes e escribes, e entón tes que tirar a maior parte porque non está á altura. Eu diríache que o deixases agora. Non queres facerche isto a ti mesmo.
3. Knut Hamsum, gañador do Nobel de Literatura en 1920, viaxou a París por primeira vez 1894. A súa familia estaba preocupada porque o escritor noruego non dominaba o francés,algo que rapidamente sacaron a colación á súa chegada:
Tiveches algún problema co teu francés?
Eu non, pero os franceses si contestou Hamsum.
4. Truman Capote planificaba a súa obra literaria con incrible antelación. O tamén escritor Paul Bowles contou no seu día isto sobre el:
Un día Truman trazounos o seu programa literario para o seguintes vinte anos. Era tan detallado que por suposto o tomei como unha fantasía. Parecía imposible que alguén soubese con tanta anticipación o que ía escribir. Pois ben, todas as obras que describira en 1949 foron aparecendo, unha tras outra, nos anos posteriores. Estaban todas na súa cabeza esperando a ser incubadas.
5. Georges Simenon, creador do soado comisario Maigret, comezaba as súas novelas lendo unha guía telefónica. Pronunciaba nomes e apelidos no alto ata que atopaba os que mellor soaban á hora de dar forma aos seus personaxes.
De :Laura González Belerda
Ningún comentario:
Publicar un comentario